avatar

Ola,
chámome Federico Pérez e son actor

Sobre min

Estou... porque tiña que haber de todo! Encargado de darlle vida a Moncho en Era visto! e protagonista do espectáculo cómico Curtis & Teixeiro. Ademais de ser actor tamén me gusta estar detrás das cámaras elaborando guións. Encántame todo o relacionado coa comedia e se son eu o encargado de facer rir aínda me gusta máis. Se algunha vez tes algunha dúbida, non o dubides, pregúntame que para iso tamén son asesor lingüístico.

Educación

  • 1976

    Nacín en Alemaña

    E moitos pensan que quedei alá con Elvira ata que naceu Kevin (tamén en Alemaña), pero non é certo. A única realidade é que en alemán só digo Schweinsteiger.

  • Estudiei nun colexio de curas

    Nos Franciscanos, que logo duns anos decidiron botarme porque non atopaban en min a vocación. Xa non volvía para xantar na casa ao mediodía: "comer hai que comer", dicían sempre os Franciscanos.

  • Fun lingüista de Bardem en Mar Adentro

    A falar non aprendeu, pero o resto de cousas que debe saber un galego seguro que non as esquece. Era todo unha excusa para facer un cameo.

  • Teño o meu propio negocio: A Nave de Vidán

    Seguín a filosofía dos de Bilbao. Gústame comer? Pois monto un restaurante. Está en Santiago, ao carón do CHUS.

  • Son directivo do Santiago Futsal

    Sempre quixen dedicarme ao fútbol. Probei xogando e non era o meu, así que decidín meterme a directivo. O proxecto deste clube é especialmente interesante polo apoio ás categorías de base.

Experiencia

Televisión
ATRESMEDIA/Bambú Producciones
2017
Tiempos de Guerra
Serie de televisión na que interpreto ao Teniente Médico Guillermo. Narra a labor dun grupo de enfermeiras enviadas para atender aos soldados españoles no marco da Guerra do Rif, en Marrocos en 1921.
Ainé Produccións, TVG
2016
Nós
Especiais que a TVG emitiu durante as festas de Nadal. Un repaso pola historia do noso país en clave de comedia con argumentos centrados nas tres datas especiais: Noiteboa, Noitevella e a noite de Reis.
Ficción Producciones
2016
Desafío nos fogóns
Presento, xunto con Xosé Barato, este concurso de cociña que percorre diferentes vilas galegas para atopar os mellores cociñeiros afeccionados da nosa gastronomía.
TVE
2016
Cuéntame
Participación esporádica.
Atresmedia
2016
La que se avecina
Participación esporádica, ´no séptimo capítulo da novena temporada´.
Ficción Producciones
2015
Hospital Real
Hospital Real é unha serie da TVG que leva aos espectadores cara a finais do século XVIII para contar con todo luxo de detalles como era naquela época a actividade do Hostal dos Reis Católicos.
2014
Clases de lo social: La webserie
Participación esporádica.
TVG
2013
Libro de Familia
Serie de televisión que retrata tres familias galegas que pertencen a distintos estratos sociais e residen en Santalla.
Zopilote
2011-2016
Era Visto!
Comedia familiar a modo de sketches líder de audiencia na TVG. Nela interpreto a Moncho. Estiven nomeado catro veces consecutivas ós Mestre Mateo na categoría de Mellor actor protagonista.
TVG
2011
Matalobos
Participación esporádica no capítulo ´Todo segue igual´.
Mediaset
2011
Piratas
Participación esporádica no capítulo ´Como nace una leyenda´.
TVE
2009
U.C.O
Participación esporádica.
TVG
2008
Padre Casares
Serie de televisión na que interpreto a Josito, un bedel do concello e a man dereita do alcalde. O seu soño é ter unha plaza como funcionario no concello.
Zopilote
2007
Air Galicia
Parodia e humor en forma de centos de sketches para rirse do mundo e dun mesmo. Estiven nomeado ós Mestre Mateo na categoría de Mellor actor protagonista.
Zopilote
2006
Pepe o Inglés
Serie de televisión que conta a historia de Pepe, un home que ten unha querencia por todo o inglés -a ironía, os modais- que, sendo tamén moi galego, non se sabe moi ben de onde lle vén.
TVG, Voz Audiovisual
2006
As leis de Celavella
Foi unha teleserie de misterio emitida pola Televisión de Galicia e producida por Voz Audiovisual. Gañadora de nove estatuíñas do premio Mestre Mateo 2004, dez no 2005. Nela interpreto a Florencio da Riba.
TVG
2005
O show dos Tonechos
Programa protagonizado por Roberto Vilar e Víctor Fábregas, o dúo humorístico coñecido como Os Tonechos.
Globomedia, Antena 3
2004
Los hombres de Paco
Participación esporádica.
TVE
2004
Pepe Carvalho
Participación esporádica.
ATRESMEDIA
2003
Un Paso Adelante
Participación esporádica.
TVG
1998
Mareas Vivas
Mareas vivas foi unha serie creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual. Estaba rodada en Laxe (A Coruña), aínda que moitas das imaxes foron tomadas en Corme.
Cinema
Maruxiña Film Company, ZircoZine
2015
Os fenómenos
Filme dirixido por Alfonso Zarauza que conta a historia dunha muller que vive nunha furgoneta aparcada na costa de Almería e ve como a súa parella desaparece o día que empezaba a traballar.
Zircozine
2014
Encallados
Película que analiza en ton de humor a situación da industria audiovisual galega a través da experiencia dun director de cine e dous guionistas. Dirixida por Alfonso Zarauza, rodouse en Santiago de Compostela.
Filmanova
2011
Outro máis
Filme dirixido por Ricardo Llovo que conta o que sucede nun pobo da costa galega, cando a marea negra do Prestige afecta ao seu medio de vida e as relacións entre os seus veciños.
Vaca Films, Zed Films
2010
Retornos
Filme dirixido por Luis Avilés Baquero que conta a historia de Álvaro, que tras fuxir de si mesmo durante dez anos, volve ao seu pobo, unha pequena aldea de Galicia, para asistir ao enterro do seu pai.
Tic Tac Producciones, Zircozine, Lagarto Cine
2010
18 comidas
Filme dirixido por Jorge Coira que conta seis historias ao longo dun único día de ficción. Fun nomeado ós Mestre Mateo na categoría de Mellor actor secundario.
Sogecine, Himenóptero, UGC Image, Icecream
2004
Mar Adentro
Filme dirixido por Alejandro Amenábar que conta a historia de Ramón Sampedro (Javier Bardem) que leva casi trinta anos postrado nunha cama ao coidado da súa familia.
Teatro
Ainé
2016-2017
Os tristes
Xunto a Marcos Pereiro
2016
Presidente
Obra cómica da compañía Teatro do Morcego escrita por José Luis Prieto na que participo ademais como actor xunto con Celso Parada, Mercedes Castro, César Goldi e Iolanda Muiños.
Ainé
2015-2016
Curtis & Teixeiro
Obra cómica na que interpreto a Curtis, un investigador privado cuxo compañeiro é Teixeiro (Xosé A. Touriñán). Xuntos intentaremos resolver algúns dos misterios máis de actualidade.
Osdous Ardebullo, R
2014-2015
Viramos tolos pola tele
Monólogo colectivo que parodia os magazines televisivos e a súa ampla diversidade de contidos.
2011
O Florido Pensil
Peza teatral que retrata a época franquista baixo a dirección escénica de Fernando Bernués e Mireia Gabilondo.
Monólogos
Ración de Breogán
Interpreto a Breogán nesta obra, onde conto dende o punto de vista do humor como se fundou Galicia.
Federico Pérez está no mundo porque tiña que haber de todo
Un monólogo no que achega anécdotas da súa propia vida e outras da ficción.
A noite do capador
Guionista
2016
Presidente
Obra cómica da compañía Teatro do Morcego escrita por José Luis Prieto na que participo ademais como actor xunto con Celso Parada, Mercedes Castro, César Goldi e Iolanda Muiños.
TVG
2011
Padre Casares
Participación nos capítulos ´Man de Santo´ e ´O muro das lamentacións´.
TVG
2006
Zapping Comando
Unha importante serie de actores galegos realiza os sketchs, que son o prato forte do programa, e dan paso a unha sesión frenética de zapeo de ficción para superar calquera sombra de mal humor.
TVG
2005
O show dos Tonechos
Programa protagonizado por Roberto Vilar e Víctor Fábregas, o dúo humorístico coñecido como Os Tonechos.
TVG
2004
Máxima audiencia
Foi un programa que naceu para divertir e entreter a través do humor, as parodias, a música e as entrevistas.
TVG
2003
As leis de Celavella
Teleserie de misterio ambientada en 1925 que conta a historia dun avogado que volta á súa vila, logo de estudar en Santiago de Compostela, para dirixir o despacho de seu pai.
TVG
2002
O rei da comedia
O rei da comedia foi un concurso de televisión producido por CTV para a Televisión de Galicia. Estaba presentado por Fernando Acebal e Isabel Blanco, e pretendía buscar novos talentos para a comedia.
TVG
2001
Terra de Miranda
Terra de Miranda é unha serie feita por Zopilote e Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia, cos exteriores gravados en Mondoñedo.
TVG
2001
Pequeno Hotel
Pequeno Hotel é unha comedia de televisión producida por CTV. A trama céntrase nas relacións entre os personaxes, donos e empregados do hotel, e os hóspedes que nel se aloxan.
Asesor lingüístico
TVG
2005
Cuarto sen ascensor
Televisión.
Sogecine, Himenóptero, UGC Image, Icecream
2004
Mar Adentro
Cinema.
TVG
1998
Mareas Vivas
Televisión.

Habilidades

Cantar con Marcos Pereiro
Comer churrasco
Percusión
Novato
Avanzado
Experto
Master

Idiomas

Galego
Español
Portugués
Inglés

Hobbies

Fútbol
Tocar a batería
Comer

Info física

Peso
80 kg
Altura
175 cm
Pelo
Moreno. Curto. Barba
Ollos
Marróns
Rango de idade
25-45 anos